Saturday 18 de May de 2024

As conexións aéreas con Xenebra e Milán comezarán a operar en marzo e estarán á venda desde mañá con prezos que parten dos 13,99 euros por traxecto


Inés Rey: “Esta nova oferta aérea responde ao compromiso deste Goberno municipal para potenciar A Coruña como destino turístico internacional”

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá as dúas novas rutas internacionais que comezarán a operar no aeroporto de Alvedro da man de EasyJet. As novas rutas, que unirán A Coruña con Xenebra e Milán, comezarán a operar en marzo con dúas frecuencias semanais e estarán á venta desde mañá. “Grazas a estas novas conexións o aeroporto de Alvedro contará no mes de marzo xa, con catro conexións internacionais (Xenebra, Milán, París e Londres) sendo a primeira vez que o noso aeroporto conta con 4 roteiros internacionais” explicou.

A rexedora estivo acompañada por Javier Gándara, presidente de EasyJet no Sur de Europa, quen destacou que “Easyjet vuelve a A Coruña con precios muy competitivos. En el caso de Ginebra, habrá billetes desde 13,99 euros y a Milán Malpensa desde 22,99 euros. Nuestra vocación es seguir desarrollando eso con la ruta de Ámsterdam, que lo completaremos una vez se abran las limitaciones del slot”.

A alcaldesa explicou que estas dúas novas conexións, ás que se sumará Ámsterdam este mesmo ano, supoñen un importante salto cualitativo na proxección internacional da cidade e responden ao compromiso do Goberno municipal para potenciar A Coruña como destino turístico internacional. “É a primeira vez que Galicia terá conexión regular co Aeroporto de Milán Malpensa, o segundo máis importante de Italia despois de Roma Fiumicino con máis 29.000.000 de pasaxeiros ao ano. E será dende A Coruña xunto co de Xenebra, o segundo aeroporto máis importante de Suíza con más de 18.000.000 de pasaxeiros ao ano” sinalou.

A rexedora lembrou que unha vez aberta a conexión con Ámsterdam serán cinco as conexións internacionais, favorecendo o desenvolvemento económico e turístico da cidade.
“Co impulso deste Goberno, conseguimos aumentar as liñas e frecuencias de Alvedro e seguiremos traballando para situar A Coruña como destino turístico, devolvéndolle o seu lugar no mapa con rutas aéreas á altura das grandes cidades europeas” concluíu.